lunes, 21 de abril de 2008

AS TEORÍAS CONTEMPORÁNEAS DA XUSTIZA

*O comunitarismo ético contemporáneo constitúe certas variantes do liberalismo como o individualismo insolidario, desarraigo afectivo, devaluación das ligazóns interpersoais, perda da identidade cultural, etc.
Buchanan resumiu o pensamento liberal en cinco puntos:
1º-Os liberais devalúan ,descoidan e socavan os compromisos coa propia comunidade,sendo esta irremplazable na vida boa dos seres humanos.
2º-O liberalismo minusvalora a vida política xa que di que a política é un ben puramente instrumental ignorando a participación plena da comunidade.
3º-O pensamento liberal non da conta de certas obrigas e compromisos como as familiares e as de apoio as da propia comunidade ou país.
4º-O liberalismo non recoñece que suxeito humano está instalado nos compromisos e nos valores comunitarios.
5º-A filosofía política liberal exalta erroneamente a virtude da xustiza non se dando de conta que a xustiza é unha virtude reparadora, só necesaria nos casos en que se quebra a virtude máis elevada da comunidade.
Adela Cortina "Ética"

-Idea básica: o liberalismo do século XIX non é defendido porque nel só manexaban os orzamentos aqueles que tiñan un certo nivel económico que viña dado por grazas de deus, el era quen decidia se unha persoa era ou non rica,
ser pobre considerábase que era un castigo divino. Hoxe en dia nunha democracia non esta ben visto que os ricos teñan o poder xa que todos os cidadáns teñen os mesmos dereitos polo tanto ricos e os pobres teñen o dereito de decidir e elixir as ideas de estado que a cada un lle conveña mellor.

*Rawls pretende elevar a un nivel máis elevado de abstracción á coñecida teoría do contrato social.Para logralo non pensou que dito contrato é aquel necesario para ingresar ou gobernar nunha sociedade particular.Máis ben a idea principal é que os principios da xustiza son aqueles que as persoas libres e racionais, interesadas en promover os seus propios intereses, aceptarían unha posición inicial de igualdade.Estes principios regulan os acordos posteriores, os tipos de cooperación social e as formas de goberno que se poden levar a cabo.

J. Rawls "Teoría de la justicia"



*Un grupo de persoas (clase, casta,estrato,condición,alianza ou formación social ) chegan a gozar dun monopolio con respecto a un ben dominante. Dito ben pode estar convertido en oportunidades poderes ou reputacións de tal forma que os fortes controlan a riqueza,os bos a honra e os educados os cargos;pero o resentimento e a resistencia son tan expansivos como as crenzas, polo que hai xente que o control non é xusto, se non unha usurpación. O conflito social é intermitente ou endémico;despois dun tempo as contras afloran. Se ben son de distintas clases as máis importantes son:
  1. A pretensión de que o ben dominante, sexa cal sexa, se redistribúa de forma que poida ser igualmente ou polo menos máis amplamente compartido: iso equivale a afirmar que o monopolio é inxusto
  2. A pretensión de que se abran vías para a distribución autónoma de todos os benes sociais: iso equivale a afirmar que o predominio é inxusto.
  3. A pretensión de que un novo ben, monopolizado por algún novo grupo, remplace ao ben actualmente dominante: iso equivale a afirmar que o esquema existente de predominio e monopolio é inxusto.
M. Walzer: Las esferas de la justicia.

-Idea básica:Todos aqueles que teñen poder sempre teñen unha teoría para defender o seu poder xa sexa político ou económico. En base a un principio ético xustifícase a riqueza duns e a falta de diñeiro noutros (desigualdade económica). Os grupos dominantes trasladan as súas ideas ó resto da sociedade,pero existen algúns grupos que pensan que non é xusto que isto suceda. A acumulación de riqueza e poder é negativa e que o monopolio resida nus poucos é inxusto.

viernes, 11 de abril de 2008

A XUSTIZA

A xustiza é o dereito de estar sometido as leis soamente , o dereito de dicir a sua opinión e escoller a sua industria e o dereito de reunirse con outros individuos tanto sexa para deliberar como polo simple feito de reunirse .
Antigamente consistia en exercer colectiva e directamente determinadas parte da soberanía, de liberar publicamente sobre os temas da xustiza e do goberno. Eles admitian como compatible con esta liberdade colectiva a subxección completa do individuo a autoridade da multitude reunida. A autoridade do corpo social interpoñiase e mortificaba a vontade da xente se o via preciso incluso por relacións domésticas ou tarefas inofensivas. O individuo era escravo nas relacións privadas, como cidadán podía decidir pero particularmente estaba limitado en tódolos seus movementos.
Entre os modernos o individuo, independente na vida privada , só e soberano en apariencia aínda nos estados mais libres .

Constant, B. Del espiritu de conquista

A comunidade é o lugar onde as casas de familias viven con perfeción e autosuficiencia. Si todas as casas non habitasen o mesmo territorio contraendo matrimonio entre si as persoas non existiria. da boa relación entre familias resultou a amizade e con ela a decision da vida en comun .
A vida feliz e boa é a cidade onda se asocia as familias de aldeas para unha vida mellor foemando unha comunidade.
A comunidade politica ten boas intencions non so a vida en comun segun se contribua en maior ou menor grado a esta comunidade, correspondelles maior participacion na cidade a os que carecen de virtude politica por ser iguais ou superiores en riqueza liberdade ou estirpe.

Aristóteles, Politicas


No sentimento de xustiza os seus elementos consisten no castigo que é un sentimento natural de resarcimento ou vinganza que se fai extensible aa todolos danos que se causan. Este sentimento natural rexeita calquera feito doutra persoa que nos resulta desagradable , cando este fai moral mediante a incorporacion dun sentimento moral actua polo ben xeral de maneira que os xustos rexeitan os danos causados a sociedade ainda que non se vexan afectados e non rexeitan un dano a eles mesmos, mesmo se este serve a sociedade .

J.S.Mill,O Utilitarismo