viernes, 29 de febrero de 2008

A INMIGRACIÓN E A EMIGRACIÓN

Inmigración é a entrada a un país ou rexión por parte de persoas que naceron ou proceden de outro lugar. Representa unha das dúas opcións ou alternativas do término migración, que se aplica aos movementos de persoas dun lugar a outro e estos desplazamentos conlevan un cambio de residencia ben sexa temporal ou definitivo. As dúas opcións dos movementos migratorios son: emigración, que é a salida de persoas dun país, rexión ou lugar determinados para dirixirse a outro distinto e inmigración, que é a entrada nun país, rexión ou lugar determinados procedentes de outras partes. De maneira que unha emigración leva como contrapartida posterior unha inmigración no país ou lugar de chegada.


Os procesos migratorios son inherentes á especie humana e a moitas outras especies. Nacen do instinto de conservación da especie máis que do individuo, e débense sempre a unha evaluación comparativa do entorno onde se vive en canto aos recursos e posibilidades con que se conta, e dun entorno diferente, no que existe unha percepción de que eses recursos e posibilidades poden ser maiores e mellores.

Existen varias causas para a inmigración que van desde a escala global hasta motivos persoales.

Probablemente unha das máis comúns é a migración por motivos económicos, xa que moitas persoas emigran buscando noutro país maiores ingresos ou un mellor nivel de vida. Na actualidade este tipo de migración típicamente ocurre desde países menos desarrollados a países máis desarrollados e en moitos casos estos inmigrantes ingresan ou se mantiñen de forma ilegal no país de destino.

Outro motivo importante para a inmigración dáse debido a situacións que obliguen a deixar o país de orixe, como persecución política, étnica ou relixiosa ou para escapar de situacións políticas inestables ou guerras.

Nalgúns casos a inmigración está asociada a profesións ou empleos, como por exemplo os misioneiros relixiosos, empleados de coorporacións transnacionais, empleados de organizacións non gubernamentais internacionais ou empregados do servicio diplomático. No caso dos científicos, é nalgúns casos esperable, ou incluso requerido, que como parte da súa carreira estudien ou traballen en países distintos ó país de orixe.


A emigración ten problemas diferentes: os que se van teñen un efecto similar ó da disminución da natalidade, o que para os países de natalidad alta será un alivio. Os que veñen teñen que integrarse no novo país, primeiro laboralmente cunha legalidade en permisos, identificación, seguridade social e educación; ó mesmo tempo culturalmente, polo idioma novo, cando é diferente do seu, en calquer caso deben asumir as novas costumes e formas de vida. Os valores serán de diferente intensidade, por exemplo o concepto de amizade, de servizo comunitario, de tempo libre, de horarios, de comidas, de familia, de folclore, de gustos artísticos; estos novos ou modificados valores deveranse atemperar cos seus de orixen para evitar problemas inútiles, pero a diversidade cultural e a diversidade de idiomas, de relixións, pode ser enriquecedora ás veces, e creadora de conflictos graves en outros casos. De todas formas non serán estas cuestións os principais problemas, salvo que haxa unha forte discriminación polos nacionais ou por outros grupos de emigrantes.

Os problemas máis graves e de diferente intensidade según países son documentos de identidade legais/permiso de traballo legal. Para sobrevivir os adultos e as súas familias necesitan traballar, salvo que sexan xubilados e veñan por reagrupación familiar. O Estado debe proveelos de identidade, moral e psicolóxicamente se é preciso. Como os mesmos emigrantes reclaman: 'só vimos a traballar en labores que os nacionais non queren facer'. Os feitos demostran que non é tan fácil a cuestión, pero se se superan discriminacións e se pon boa vontade —diálogo— por ambas partes de seguro que se vai polo bo camiño.

Cal é o balance final, a actitude duns e outros, é boa, certamente a diversidade enriquece e o nacemento de prácticamente tódolos países foi por movementos migratorios. Pénsese tamén na actitude dos que chegan cun alto grao de ilusión, de descubrimento, de amizade cooperante, de amor a súa nova nación e de cómo perciben a nova realidade: en moitos casos con sorprendente admiración.


No hay comentarios: