lunes, 18 de febrero de 2008

¿QUE QUERE DICIR QUE OS DEREITOS HUMANOS SON DEREITOS NATURAIS?

O concepto de Dereito Natural está unido a outros conceptos xurídicos tales como Dereitos Humanos, naturaleza humana, valores xurídicos, xustiza e ben común. Máis que unha tese, constitúe un sistema de pensamento que foi compartido por múltiples xuristas ou filósofos, incluso con planteamentos diversos e ata contradictorios.

Cando se fala de Dereito Natural, faise alusión ao dereito propio ou inherente á natureza humana, que non é creada deliberadamente por un órgano gubernamental, senón que está constituído por criterios e principios rectores da conducta humana, que os partidarios desta corrente consideran como eternos e inmutables; ademáis non está representado por un conxunto unitario e sistemático de normas, que exista nalgún lugar concreto e cuxa validez todos reconozcan.
"Formúlase en postulados ideais, absolutos e universais, que teñen a pretensión de ser intrínsecamente válidos, ou sexa que valen por sí mesmos. Para os iusnaturalistas é un dereito modelo, que busca a auténtica xustiza".

Para a súa validez, o Dereito Natural, non require ser producto dun determinado procedemento previamente establecido para a creación de normas xurídicas. O Dereito Natural é esencial á natureza humana, e non creación do home.

1 comentario:

Diego Cacheda dijo...

moi ben.estamos dacordo en que os dereitos humanos sexan esenciais,porque son dereitos naturis e nacemos con eles.