viernes, 25 de enero de 2008

¿QUE SON OS DEREITOS?

A palabra dereito é unha palabra polisémica que usamos en varios sentidos:

*Refírese a aquelas obrigas que temos dentro dunha sociedade. *Son aquelas cousas que podemos reclamar, pero que non pedimos obrigatoriamente.
*Por exemplo, para nomear o conxunto de leis dun país...
As mesmas normas que regulan os nosos dereitos, definen cales son as nosas obrigas respecto á sociedade e aos membros desta.¿De onde xurden as obrigas e que relación gardan cos dereitos? ¿Cómo se constitúen os dereitos e as obrigas nunha sociedade? e ¿ Podemos dicir que outros organismos, ademáis do ser humano, teñen dereitos?
As obrigas xurden dos principios que deben gardar os seres humanos, e chámanase dereitos cando nesas obrigas encubren tanto a túa actuación coma a actuación dos que te rodean en beneficio de ambos.
Nunha sociedade búscase o benestar da maioría e esto vese reflexado nos seus dereitos e obrigas.
Outros organismos teñen dereitos por parte do ser humano, como a asociación de Green Peace, que impón ou intenta impoñer uns dereitos ós animais e medio natural que o ser humano debemos respetar . Entre animais non se fala de dereitos, senon de obrigas, todos están obrigados a defender ás crias para a supervivencia da especie.
O ser humano debe actuar atendendo a unhas "regras de xogo" nas que os demais estean de acordo e acepten o seu uso por parte del,e que el esté dacordo nelas do mesmo modo, dándose de conta de que el actúa da mesma maneira que actuarán os demais cando esten no seu caso.Todos témolo dereito a propoñer as pautas coas que se quere que os demais actúen connosco, e polo tanto debemos aceptar as propostas dos demais sempre que non "contaminen" as nosas.
No caso,por exemplo, da nova asignatura que se quere impoñer nos centros de estudio (E. para a cidadanía), non todos están dacordo cos conceptos que se ensinan dentro dela. A maioría dos pais de relixión católica están en contra desta asignatura, pois cren que esta vai en contra da súa relixión e ensinanza que lles queren dar ós seus fillos. Outra gran parte da poboación está a favor de que esta asignatura é favorable para a aprendizaxe dos nenos. Tanto como se esta asignatura se impón, coma se non estaríanse quebrantando o dereito á libre decicisión dos pais afectados e o dereito a unha educación.A solución a este problema estaría en poñer esta asignatura como calquera outra de maneira opcional, de forma que non houbese diferenza algunha e que aparecese a libre decisión tanto nesta asignatura coma noutras, no caso da elección de linguaxe do alumno á hora de estudar nos centros educativos de calquera comunidade autónoma. Nalgúns centros dende fai algúns anos,que se sacou a relixión católica de ser obrigatoria, debido a que non tódolos estudantes estaban dacordo con esta relixión. Toda imposición sempre vai a favor duns e en contra doutros,por tanto é un atentado contra os dereitos humanos; a diferenza entre esta liberdade de elección e a que se aplica cando se comete un acto delictivo, é que na primeira non se ven afectados os que teñen as ideas contrarias, e no segundo uns interfiren noutros, provocandos danos.

No hay comentarios: