lunes, 14 de enero de 2008

A PRESENCIA DO MACHISMO NA RELIXIÓN

Ao longo da historia nos libros sagrados das diferentes relixións a muller aparece cun papel de inferioridade fronte ao home, se lemos estes textos literalmente. Por iso estes textos non se poden tomar ao pé da letra, pois trasladaríamos as antigas costumes desfasadas e marxinais a novos tempos.Debemos extraer destes libros a parte interesante e apartar a que se queda anticuada nos nosos tempos por non respetar a igualdade de tódolos humanos. Isto non quere dicir que as relixións sexan machistas, se non que proceden dunhas sociedades patriarcais que podería ter sentido naquela época na que o poder recaia nas mas dos homes e se ve reflexado nestes libros relixiosos, pero que hoxe en día non o ten, xa que a sociedade está basada nos dereitos de fraternidade e igualdade entre todalas persoas . Antigamente transmitían esa desigualdade de sexo nos seus textos e costumes. O que podemos facer é adaptar a relixión á nosa época, procurando non perxudicala para que no futuro, cando a forma de pensar cambie de novo e para mellor, siga podéndose levar a cavo unha relixión que non esté suxeita a defectos da sociedade antiga como o machismo.

No hay comentarios: