martes, 11 de marzo de 2008

EMIGRACIÓN E INMIGRACIÓN EN GALICIA

Emigración en Galicia


O recoñecemento da significación da emigración como un fenómeno cardinal na configuración da identidade de Galicia e das súas implicacións na actualidade levounos a constituir este centro de documentación .O centro quere ser un banco vivo da presencia dos galegos no exterior de aí que a posta á disposición dos investigadores e estudiosos dun fondo heurístico de carácter virtual en materia migratorio. se constitúa no seu principal obxectivo.

Como sinalabamos na presentación do conxunto do proxecto CEEPAM Migraciones , o ser este unha iniciativa galega e desde Galicia, e pola consideración histórica, con plena vixencia ata os tempos actuais, de Galicia como un país de emigración, queremos dar especial relevancia ós estudios, noticias, documentos (históricos, estatísticos, fotográficos, sonoros, entrevistas, etc), así como ás realizacións dos galegos no exterior e na propia Galicia, inserir tamén reseñas de libros, noticias de prensa... que traten un fenómeno de especial complexidade como é o da emigración galega esixia un centro como este no que se incorporan as novas manifestacións . Contamos para iso con experiencias anteriores en diversos soportes tradicionais e coa colaboración de especialistas nestes eidos de recoñecida solvencia internacional.

A súa materialización é posible gracias ó apoio e á participación decidida de recoñecidos investigadores españois e internacionais nestes campos, que suman os seus esforzos a unha iniciativa destas características, nova no noso contexto académico e necesaria para unha millor comprensión da nosa historia e da nosa realidade actual.


Inmigración en Galicia

A situación de desemprego dos inmigrantes en Galicia comeza a ser preocupante, tal e como amosan as taxas reflectidas no estudio realizado pola empresa de traballo temporal Manpower


Do informe da situación dos inmigrantes publicado pola empresa Manpower pódense extrapolar os seguintes datos:
  • - A taxa de inmigración en Galicia iguala á media española nun 4,1%, sen embargo a taxa de desemprego desta poboación situada no 20,5%, supera con creces ás do resto das comunidades, sendo unicamente Extremadura a que amosa un desemprego máis elevado dos inmigrantes.
  • - Comparando coa poboación galega, por cada parado oriúndo, dous inmigrantes están sen traballo.
  • - Polo que respecta a orixe deste colectivo, un 43,8% dos mesmos proceden de Latinoamérica, un 37,8% da UE, e quedando en último lugar cun 3,7%, os de nacionalidade africana. Diferenciando por sexos, sorprende o feito de que as inmigrantes do continente africano sexan as de maior presencia en Galicia.
  • No hay comentarios: