viernes, 28 de marzo de 2008

Nunha comuna de 10 persoas decidiuse que o máis rico debería duplicar o capital dos demais; isto é, dar a cada un unha cantidade igual á que tivese. Cando votaron contas, tralo reparto, viron que todo seguía exactamente igual que antes, salvo que o nome dos ricos e os pobres tiña cambiado, naturalmente, pero a distribución das fortunas era a mesma. O total da fortuna era de 1.023.000 euros. ¿Cal era o reparto entre as dez persoas?


Tódalas persoas excepto o mais rico terían o dobre de diñeiro do que posuian anteriormente. O rico tería menor capital que os demais e o pobres a pesar de ter o dobre de diñeiro seguirían, en comparación co rico,que agora é outro individuo, tendo menos diñeiro. A maioría seguirían sendo pobres.


Se hai que repartir un pastel entre varios nenos, podense dar diversas razóns para unha distribución desigual. Un neno podería explicar que ten moita fame. Este é o chamado argumento da necesidade. Outro neno podería dicir que a nai prometeralle a metade da torta: o argumento dos dereitos adquiridos. Un terceiro podería argumentar que traballou para a nai: o argumento a favor do mérito no sentido máis estrito (rendemento). En cuarto lugar, un neno podería dicir que merece un anaco máis grande por ser o primoxénito. Esta razón equivale a dicir que ten previamente un valor maior. Todas son, chegado o caso, razóns relevantes. Se non se puidese dar unha razón relevante, só quedaría o reparto igualitario. Non só se debe poder dar unha razón, senón que esta ten que amosarse tamén como relevante. Se un neno dixera que merece o anaco máis grande porque ten os ollos azuis, esto sería rexeitado por irrelevante (a non ser que se recoñeceran premisas adicionais). Tugendhat, E. Lecciones de ética. pax 356 Barcelona Gedisa. 1993.


Cuestión: ¿Que diferencia hai entre razón relevante e non relevante?

Unha razón relevante é aquela que beneficia a un individuo facendo desigual o reparto e cedéndolle maior cantidade por ter unha calidade que os outros non posúen, e unha non relevante é aquela na que todos os individuos adquiren a mesma cantidade nun reparto xa que non existe distinción entre eles.



Cando Aristóteles alabou a xustiza como primeira virtude da vida política, quixo suxerir que a comunidade que carecera de acordo práctico acerca do concepto de xustiza debía carecer tamén da base necesaria para a comunidade política. A carencia de tal base debe por tanto ameazar á nosa sociedade. (...) Posto que a virtude entendese polo xeral como a disposición ou sentimento que producirá en nos a obediencia a certas regras, o acordo sobre cáles sexan as regras pertinentes será sempre unha condición previa do acordo sobre a natureza e contido dunha virtude concreta. Pero, como xa suliñei na primeira parte deste libro, o previo acordo acerca das regras é algo que a nosa cultura individualista non pode asegurar. En ningunha parte esto se manifesta máis e tampouco en ningunha parte ten consecuencias máis ameazadoras que no caso da xustiza. A. MacIntyre. Tras la virtud. Pág. 300. Crítica Barcelona 2001.


Cuestións:

¿A que concepto de xustiza estase a referir Aristóteles?

Refirese a xustiza como algo imprescindible para unha comunidade política e sociedade que establece unhas normas para o se funcionamento.


¿Son compatibles as normas de convivencia co individualismo ?


Non se afectan entre elas, xa que o individualismo afectan a un so individuo mentres que as de convivencia son un tipo de normas para que un grupo de persoas se poidan relacionar.

No hay comentarios: