martes, 11 de marzo de 2008

OS PROCESOS XUDICIAIS E AS SUAS FASES

1. ¿Cando se considera que un acto é ilícito? Non todos os actos ilícitos son delito. ¿Cál é a razón de que non o sexa? ¿Cál é a característica esencial do delito?

Un acto ilícito é aquel que se leva a cabo sen estar aprobado por unhas normas. Por exemplo o roubo ,o asasinato ou a desobediencia.
Un acto ilícito pero non delitivo é por exemplo copiar nun exame.
A característica dun delito e que é un acto ilícito grave que se paga cunha condena.

2. ¿En que casos dos seguintes dirías que existe responsabilidade do suxeito que actúa nos resultados da acción? ¿De qué tipo sería esa responsabilidade? Consulta para iso a diferencia entre responsabilidade obxectiva e subxectiva e entre responsabilidade civil ou penal.

-Un profesor deixa que os alumnos copien nun exame saindo da aula, pero só co propósito de voltar a entrar e acusalos de copiar no exame.

Neste caso si. Sería unha responsabilidade subxectiva e civil.

-Un alumno volta un libro roto á biblioteca por que o deixou tirado no patio.

Si, é a súa responsabilidade tanto obxectiva como subxectiva e civil.

-Todos os alumnos dun centro suspenden o exame de selectivo pois todos cometen o mesmo erro porque o profesor explicouno mal.

Si, responsabilidade subxectiva e civil.

-A un condutor fallanlle os freos do seu coche e por ese motivo atropela a unha persoa que morre no acto.

Tería responsabilidade obxectiva e penal.

-Un médico non é quen de levar a cabo unha operación por non dispor dos medios suficientes no hospital e o paciente morre.


Responsabilidade subxectiva e civil.

-Un condutor borracho atropela a un peatón cruzando nun semáforo.

Responsabilidade subxectiva e penal.

3.¿Cómo da comezo un proceso xudicial? Reúnense as probas e faise a acusación.
¿Pode
haber un proceso sen acusado? Si.
¿de qué tipo? A aprobación dunha lei lévase a cabo sen unha acusación.
¿Cál é a función do fiscal nun proceso xudicial? É un funcionario do Estado, representa a acusación pública. Unha das suas funcións é actuar de oficio cando ten coñecemento de feitos que violan a legalidade, aínda que non se producise ningunha denuncia.
¿En calquera caso está presente o fiscal? si
¿e a función do avogado defensor?
Defende os intereses (a inocencia ou os atenuantes) do acusado. Durante a preparación da defensa ten que analizar tódalas fontes, para poder coñecer tanto os feitos como os argumentos que pode presentar a parte contraria. Como o fiscal, tense que dirixir ao xurado nos seus alegatos, tratando de o convencer sobre a veracidade dos seus argumentos así como da debilidade dos testemuñas e argumentos contrarios (os do fiscal) as suas posicións.
¿Sempre ten que haber un avogado defensor? Non, soamente canda se fai unha acusación e hai un acusado ao que defender.
¿pode mentir unha testemuña?Están baixo xuramento e non deberían mentir.¿e o acusado? ídem. ¿pode a defensa ocultar probas? Poden ocultalas ¿e o fiscal? non.
¿Qué tribunal xulgaría cada un dos delitos seguintes:
A vulneración dos acordos dun contrato, tribunal unipersoal .
A queixa dun cidadán por un imposto excesivo, tribunal colegiado .
Un delito de roubo,tribunal unipersoal.
Un accidente de coche só con danos materiais e sen vítimas,tribunal unipersoal.
¿Cómo se denomina la rama del derecho a la que incumbe cada uno de esos procesos? Pertencen á rama procesual civil, administrativo, penal, constitucional ou laboral.

No hay comentarios: